martes, 2 de marzo de 2010

Próximamente nova aventura nas ondas!!! ^_^

Hola a tod@s!!!
Retomamos a actividade deste blog un pouco abandonado ultimamente por falla de tempo, para anunciar que próximamente ... seguramente antes de que remate o vixente mes, teremos no aire unha nova aventura nas ondas ... esta vez de creación e dirección propia que dará en chamarse "Entre Lusco e Fusco".
Este novo programa emitirase todolos sábados de 19 a 21 horas, a través da frecuencia de Radio Ordes (107.3 para a bisbarra compostelana) e contaremos tamén ca tan imprescindible hoxe en día emisión online na web da emisora www.radioordes.com
O programa contará con varios colaboradores, dos cales por agora non avanzaremos nada (polo de darlle algo de emoción ó asunto ^_^)
Nel desgranaremos estilos musicales diversos ... iremos dende a música electrónica ó indie pasando polo pop ou o R&B ... unha mestura estrana, pero que agardemos teña boa acollida entre o público.
Seguiremos en contacto a través das múltiples plataformas que internet pon ó noso alcance.
Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario